o sector do transporte descarta, de momento a convocatoria de novos paros polo incremento de prezos dos combustibles. A plataforma convocante do paro en marzo non obtivo o respaldo suficiente entre os seus asociados.
O presidente da Xunta considera insuficientes as medidas anticrise aprobadas polo Goberno central. Alfonso Rueda demándalle máis diálogo cos sectores afectados, e que interveña na fiscalidade dos combustible para impedir que se repita a folga no transporte.
A fin de semana déixanos ó bordo dos 600 ingresados, cifras de hai un mes.
Sumamos dende o venres 121 hospitalizados máis por mor da COVID-19. Este luns baixan os casos activos e os novos positivos.
En Santiago, o vindeiro curso os pisos para estudantes encareceranse de media cen aueros. Acentúase a suba dos últimos anos, entroutras cousas pola escaseza de vivendas dispoñibles a causa da proliferación dos pisos turísticos.
O tempo. volven a predominar xa os ceos despexados. As temperaturas, aaínda que soben, non alcanzan aínda valores moi altos.