Aprobada a reforma da lei do xogo cos únicos votos do Partido Popular. A oposición considera que se perdeu unha gran oportunidade pra limitar o acceso dos menores ás máquinas de xogo.
Manuel Baltar non descarta presentar de novo a súa candidatura á presidencia do PP de Ourense. Non ocultou o seu malestar con Alfonso Rueda e aclarou que debe ser el quen anuncie se aspira ou non á reelección.
O goberno marcase coma obxectivo protexer o 30 por cento da superficie mariña de España no 2030. O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, sinalou en Vigo que o crecemento económico ten que respetar a sostibilidade ambiental.
Protesta ante os ambulatorios pra esixir a retira do plan de Sanidade pra organizar as citas ós pacientes. Persoal e usuarios denuncian que ralentiza o traballo dos profesionais e atenta contra a privacidade dos pacientes.
O tempo segue seco e solleiro. Hoxe con temperaturas algo máis altas.