Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/07/21 27/07/2021 30:07

Temos xa máis de 18 mil persoas contixiadas e seguen aumentando as hospitalizacións: 30 en cuidados intensivos.
En todo caso, en sanidade preocupan os casos, pero de momento non o nivel asistencial.

O pleno da Deputación de Lugo aproba unha moción en defensa da sanidade pública. O seu presidente fala de situación dramática no rural.
Santiago contará cunha plataforma loxística pró reparto de mercadorías na zona vella.

É un dos proxectos incluidos no plan investidor de 281 millóns de euros prós vindeiros once anos aprobado polo Real Padroado. Pretende acabar co excesivo tránsito de camións na área monumental.

Os viños galegos teñen que servir para manter a paisaxe, xerar riqueza, fixar poboación e atraer turistas.

Con este obxectivo presentouse esta mañá a Estratexia de Dinamización das Comarcas Vitivinícolas, que afectará ás nosas cinco denominacións de orixe ata 2026.

A un ano de cumprir o seu primer cuarto de século, o Salón do Cómic da Coruña, volverá a abrir o próximo día 9.

É a segunda que se fai baixo os condicionantes da pandemia, pero desta volta case non se prescinde de ningunha actividade.

Galicia Informativos
Más opciones