Domingo marcado pola visita do presidente do Partido Popular, Alberto Nuñez Feijoo a Galicia. Esta mañá, estivo na localidade pontevedresa de Soutomaior, rodeado polos baróns do PP e centos de seguidores. Tamén escoitaremos a voz do presindente da xunta, Alfonso Rueda que ratificaba o seu compromiso en seguir traballando para que Feijoo sexa o próximo presidente de España.
Nas estradas damos conta de dous falecidos máis esta fin de semana trala colisión frontal entre dous vehículos en Lugo , no resultaron feridas oito persoas, entre elas un bebé. O accidente ocorria as dez da noite deste sábado. Son dous mortos que se suman ó mozo de 28 anos que perdia a vida en ourense na madrugada deste sábado tras sairse da via na moto na que circulaba.
No tempo da entrevista falamos co Presidente de COGAMI, a Confederacion Galega de Persoas con Discapacidade.