Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/09/21 27/09/2021 45:16

Galicia ten o 93,5% da súa poboación diana vacinada cunha dose e o 92,5% coa pauta completa. Datos que nos sitúan á cabeza de España, coma a autonomía coa mellor inmunización, pero que non son suficientes para o Sergas. O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, di que aspira a ter o total da poboación diana vacinada o 30 de setembro

Desde as dúas os traballadores de Alcoa volven bloquear o complexo da Mariña. Impedirán que saia aluminio da pranta como medida de protesta ante a ruptura das negociacións para vendela fábrica.

A Xunta apoia a adscripción de ENCE ó porto de Marín. Trátase dunha solución xurídica, apoiada polo comité de empresa, para que a fábrica se manteña no seu actual emprazamento de Lourizán.

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén agora na Convención nacional do PP. Un evento político que inauguraron Pablo Casado e Mariano Rajoy que cadraron en censura-las políticas do goberno central que repercuten no tecido económico galego.

Acordo político para reclamar que o galego estea en igualdade de condicions con outras linguas no ámbito audiovisual. A Mesa pola normalización lingüística lembra que só están dispoñibles en Galicia, nas distintas plataformas, os contidos de producción propia.

Galicia Informativos
Más opciones