Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 27/09/21
27/09/2021
09:57
O certificado COVID será chave para o funcionamento de pubs e discotecas. O lecer nocturno terá, coma no resto da hostalaría, dous niveis de capacidade: no máximo os locais poderanse ocupar ata o 75% do espazo e pecharán ás 4 da madrugada. Para iso deberán esixir o documento. Se non, só poderán usar o 30% da cabida e cerrarán unha hora antes.
Xunta e sector acordaron hoxe o protocolo que mañá deberá ratificar o comité clínico. Un plan que ten que contar tamén co aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O vicepresidente da Comisión Europea Margaritis Schinas dixo hoxe en Santiago que Galicia é unha das rexións con maior potencial para captar fondos europeos.