Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 27/09/22
27/09/2022
49:26
As rendas ata 35 mil euros beneficiaranse na vindeira declaración dunha rebaixa no IRPF. O presidente da Xunta tamén defendeu a bonificación do imposto do patrimonio, que só pagan as rendas máis elevadas, e aseguraba que se trata dunha senda fiscal propia e progresiva. Afirmación coa que respondía á oposición que lle reprocha o seguidismo da senda marcada polo seu partido a nivel nacional.. e lembra que os impostos son precisos pra reforzar servizos públicos tensionados pola crise e a pandemia.