Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 27/10/21 27/10/2021 44:50

Preocupación dos concellos galegos pola perda dunha das súas grandes fontes de financiación, o imposto de plusvalía. O alcalde de VIgo, e presidente da federación de municipios, urxe ó goberno e o parlamento a reformar a ley que o Tribunal Constitucional acaba de anular.

O BNG non da por feito o seu voto favorable ós orzamentos do Estado. O deputado Néstor Rego recoñece que aumentaron os investimentos para Galicia pero di que aínda deben mellorar e non ve interés do Goberno en negociar.

Abadín suma 8 contaxios con coronavirus nunha semana. A orixe está nun gromo familiar na parroquia de Gontar. Os infectados, todos da mesma familia, están illados e controlados.

O músico Alejandro Guillén, coñecido como Baiuca, e os catro membros do seu grupo continúan na embaixada de España en Sudán. Viaxaran para participar nun festival de música e víronse sorprendidos polo golpe de estado neste país africano. Esperan regresar este venres.

Sarabela Teatro estrea este venres en Ourense o seu último proxecto "semente Nós". Unha homenaxe ao traballo e á dignidade da Xeración Nós e ao seu legado, no centenario do nacemento da Revista Nós.
 

Galicia Informativos
Más opciones