Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/12/23 28/12/2023 30:00

Os inscritos de Podemos-Galicia decidirán esta semana se ratifican o preacordo pra ir con Sumar e Esquerda Unida ás autonómicas.

A candidatura estará encabezada por Marta Lois, ata agora portavoz da formación no Congreso.

Os pacientes amoréanse nos corredores dosspitais galegos polo aumento dos casos de gripe A.

Médicos e enfermeiras móstranse desbordados: aseguran non ter visto tanta afluencia de pacientes nin sequera nos peores meses de Covid.

Ata tres protestas coincidiron hoxe en Vigo cadrando co pleno do concello.

Veciños de Beade, delegados da CIG e traballadores de Vitrasa que chegaron a interromper brevemente a sesión plenaria.

Usuarios do transporte en autobús de ferrolterra piden que se lle retire a concesión a Monbús.

Considera insuficiente a sanción anunciada pola Xunta despois de que a compañía deixsra no nadal a ducias de usuarios con billete sen servizo.

O tempo. comezaron a abrirse algúns claros polo norte.

Galicia Informativos
Más opciones