Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 28/01/22
28/01/2022
44:31
O vello debate sobre a mellora da calidade do ensino volve poñer sobre a mesa a posibilidade de facer probas específicas ós aspirantes a mestres e profesores. Un proxecto presentado polo Ministerio que ten boa acollida dende os responsables de formar ós futuros mestres. Cren que non debería bastar co expediente académico, e apoian a creación dunha proba de acceso ás facultades... xunto coa incorporación dun sistema de iniciación profesional e o cambio de sistema de oposición.