Nueva Pescanova a piques de perde-la presenza galega no seu capital.
Abanca, que conta co 97.8 por cento da propiedade, ten en marcha a venda da súa participación. Os dous aspiranets son a candense Cooke e o fondo de investimento californiano Platinum Equity.
Amplo seguemento en GAlicia da folga de inspectores de pesca marítima. Case todo o persoal está hoxe ausente dos seus postos. MObilízanse contra unha instrucción que os obriga a estar dispoñibles dúas horas fora do seu horario
Naturgy deixa de atender en galego ós seus clientes en horario nocturno. A empresa rompe o compromiso adquirido hai uns meses ante a Xunta e os traballadores, e foi eliminando traballadores do servizo de averías e incidencias de 10 da noite a 8 da mañá
Particulares e empresarios da comarca de Vigo crean unha Plataforma galega de afectados polas comunidades de montes. Denuncian que estas entidades lles reclaman por vía xudicial terreos privados, alegando levantamentos catastrais do século 19. Temen perde-los seus negocios e vivendas
No tempo, temos por diante outra xornada seca e de boas temperaturas.