Galicia supera o millón de vacinas dispensadas. O Sergas agarda que esta semana todos os maiores de 70 teñan polo menos unha dose.
Na busca do control da enfermidade, ampliarase o rastrexo dos contactos, que se vai retrotraer a sete días antes de dar positivo.
Mellora a incidencia nos concellos máis castigados. Dende o venres só quedan tres con peche perimetral.
Alberto Núñez Feijóo desvela que propuxo ó Goberno unha reinterpretación da lei saúde. Para Gonzalo Caballero, isto demostra que a Xunta se extralimitou
Protesta do sector de servizos de festas populares e verbenas ante o Parlamento. Pidenlle á Xunta axudas polo ano que levan sen traballar, e que negocie unha desescalada segura.
Adolfo Domínguez rexistrou no seu último exercicio, ata marzo, case 20 millóns de euros en perdas. A empresa afronta con optimismo o futuro, pero propón un ERE que suporá a saída do 40 por cento dos traballadores de San Cibrao, en OUrense.
A Xunta recoñece que o último estudo da Real Academia Galega sobre o galego nas aulas debe levar a reflexión. O secretario xeral de Política Lingüística di que hai que seguir traballando para que os castelán-falantes adquiran máis competencias en galego.
O tempo. Ceos parcialmente cubertos, e temperaturas máis baixas