Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/04/23 28/04/2023 44:19

O PP rexeitou hoxe na deputación de Ourense unha moción pro debate urxente no pleno sobre a acusación ó seu presidente por un delito contra a seguridade vial. Manuel Baltar non quixo pronunciarse sobre a polémica, mentres a oposición sacaba á luz que este non foi un despiste illado, porque o vehículo oficial do presidente suma varias sancións por exceso de velocidade. Piden explicacións, e o BNG levará ó parlamento galego a reprobación do presidente da deputación ourensá, metnres o presidente da Xunta e dos populares sinala que non lle abrirán expediente, como prevén os seus estatutos cando un cargo comete un delito doloso

- En Galicia, o sector do metal pechou 2022 cun incremento do 15 por cento da facturación.

O presidente, Enrique Mallon, di que aínda puido ser mellor se non fose pola falta de traballadores cualificados.

- Dez detidos e a incautación de 220 quilos de cocaína.

E ó resume da operación contra o narcotráfico desta semana en Pontevedra. Boa parte da droga estaba nun zulo nunha finca agrícola.

- Cada vez falta menos para que falemos en galego coas máquinas.

Seguen os avances do Proxecto Nós que ten como obxectivo consolidar e asegurar a presenza do idioma galego no ámbito da Intelixencia Artificial.

- Kepa Junkera regresa este fin de semana a Fisterra, escenario do seu último concerto.

Asiste á presentación en Fisterra de "Renacer". Un libro-documental no que participan máis de 40 artistas e que percorrerá toda a súa traxectoria musical

Galicia Informativos
Más opciones