Amplíase a toda a comunidade a inoculación da segunda dose ós menores de 60 anos que recibiran Astrazéneca. Un proceso acompañado de polémica. O Ministerio de Sanidade lembra que a opción preferente para a segunda dose debería ser Pfizer. A Xunta entende que o Goberno está a crear alarma entre a poboación.
Viveiro protesta polas restriccións á hostelaría. O concello sobe a nivel alto por quinta vez en catorce meses.
Desacordo en Cambados co informe das causas naufraxio do pesqueiro SIN QUERER DOUS, en decembro de 2018. Culpa ó patrón polo excesivo peso do aparello
Manifestación o 5 de xuño contra o plan eólico da Xunta. Consideran que é unha invasión de muíños de vento co único fin de que Galicia sirva de provedora de enerxía pra grandes consumidores foráneos.
Chega a Baiona a Cruz de Lampedusa, feita con restos dos caiucos que naufragaron na costa italiana. Unha homenaxe ás víctimas da migración que perderon a súa vida no mar