Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/05/23 28/05/2023 30:02

Transcorre sen incidencias reseñables a xornada de eleccións en Galicia. Só algúns retrasos na constitución das mesas, polas ausencias dalgúns dos membros convocados, que puideron ser resoltas con suplentes, voluntarios, ou incluso co primeiro votante, nunha mesa de Ourense. Tamén nesta cidade as forzas de seguridade tiveron que intervir pra evitar actividades non permitidas en varios colexios electorais.

Os partidos e candidatos foron pasando polos seus colexios cun chamado unánime a participar, a manifestar nas urnas as nosas predileccións. Alfonso Rueda e Valentín González Formoso enfrontan esta convocatoria como primeira reválida do seu liderado á fronte de populares e socialistas. Ana Pontón aspira a continua-la alza de apoios que rexistrou nas autonómicas...

Galicia Informativos
Más opciones