O conselleiro de sanidade cre que é cedo pra decidir se hai que endurecer as restriccións en Pontevedra a raíz do macro-gromo rexistrado en Mallorca. En Galicia afecta a uns 70 estudantes, 50 deles na áera de Pontevedra. Mañá está previsto que cheguen outros 90 estudantes máis a Galicia procedentes das Baleares.
O presidente da Xunta di que Galicia "rexurde da negra sombra da pandemia". Núñez Feijóo defendeu que Galicia comeza a ver o final do túnel, grazas ós seus valores cívicos.
Cúmprense 85 anos da promulgación do estatuto de autonomía de 1936. O BNG defende que o contexto actual permite promover un novo estatus pra Galicia.
A frota galega de cerco demanda que a sardiña sexa especie de rendemento máximo sustentable. Tralo aumento da biomasa constatado nas costas ibéricas, piden que se reconsidere o plan de xestión, que deixa a Portugal o 65% da cuota pra este ano.
Adega reclama información sobre os parques eólicos que promove iberdrola na Mariña Lucense. Presentáronse días antes de que entrase en vigor a parálise de calquera novo proxecto ata que se aprobe o plan de ordenación do espazo mariño.
No tempo de entrevista, repasamos a situación do colectivo LGTBi neste día internacional do Orgullo, coa axuda da asociación pola liberdade afectivo sexual.