Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/07/21 28/07/2021 30:07

As 7 grandes cidades pasan ó nivel alto de restriccións. Xa estaban Ourense, Pontevedra e Vigo, e segundo acordo do comité clínico tamén pasan a este rango, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo. Outros 12 concellos están en nivel máximo.
Pero, agora os establecementos hosteleiros non teñen que pechar, aínda que deben esixir certificado de vacinación ou proba negativa.
A incidencia de casos aumentou un 25 por cento nunha semana.
A incidencia de casos nos grupos de entre 12 a 29 anos está por riba da media e pasa dos 2 mil casos por cada cen mil habitantes.
A próxima medianoite entran en vigor os descontos na autopista AP-9. O Boletín oficial do Estado publica hoxe o Decreto aprobado polo Consello de Ministros.

A rebaixa das peaxes decepciona ós transportistas, que reclamaban un desconto de alomenos un 50 por cento e que queda no 20 por cento.


Os gandeiros denuncian que Mercadona está tirando os prezos do leite coas súas marcas brancas.

A Federación Rural de Galicia asegura que está cobrando polo litro de leite entre 58 e 62 céntimos, un prezo -din- insostible.

Galicia Informativos
Más opciones