Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/07/23 28/07/2023 30:08

Sumar pon a vista nas eleccións autonómicas tras conseguir o terceiro posto ns xerais. A deputada electa Marta Lois asegurou hoxe que aspiran a se-lo catalizador do progresismo galego e abre a porta a outras formacións de esquerda.

O Exército vixiará os montes galegos pra previr incendios a partir do quince de agosto. A Operación Sentinela ponse de novo en marcha e amplía o seu despregue ó sur da provincia de Lugo.

Actuación policial en Santiago contra un grupo organizado que explotaba sexualmente a mulleres e traficaba con droga. 3 dos 8 detidos, considerados como os principais responsables da organización, ingresaron en prisión á espera de xuizo.

Sete concellos da área de Pontevedra acordan a constitución dun ente supramunicipal para a xestión do abastecemento de auga. O Concello de Pontevedra tamén se amosou dacordo pero agarda que se teñan en conta os investimentos realizados.

O tempo. nubes e algunha chuvia feble no oeste.

Galicia Informativos
Más opciones