Alcoa non vai poder apagar as cubas de electrólise e tampouco executar o despedimento de 524 traballadores. O Tribunal Supremo confirma a senteza do Superior de Galicia favorable ós intereses dos empregados da fábrica de aluminio primaro da Mariña.
Pero o fallo non pecha o conflicto laboral, pero si pode facilitar a venda das instalacións
O paro baixou en 25 mil 700 persoas no terceiro trimestre do ano en Galicia. Os sindicatos sinalan que son empregos vinculados a campaña estival e advirten do incremento da precariedade, tamén no sector público.
Ana Pontón confirma que se presenta para continuar liderando o BNG. Asegura que a formación está en dondicións de disputar a hexemonía que ten o Partido Popular.
O alcalde de Ourense asegura que desviar cartos de Democracia ourensana á súa televisión é o mellor para os ourensáns. Está convencido de que a querela da fiscalía vai ser arquivada.
Tui recibe este xoves a visita dos Reis de España. Hai uns minutos fixeron entrega do premio escola do ano 2020, da fundación princesa de Girona, ó Colexio rural agrupado "Mestra Clara Torres".