Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/11/22 28/11/2022 44:10

Investígase en Lugo a morte violenta dunha muller. Tiña 42 anos, vivía no barrio da Milagrosa e era propietaria dunha froitería. O seu corpo, atopado a pasada noite sen vida na súa casa, presentaba feridas de arma branca. Non hai detidos e desde o concello piden cautela para avanzar no esclarecemento dos feitos e determinar se estamos ante un novo asasinato machista. Queda agora pendente coñecer tamén o resultado da autopsia, prevista para esta xornada.
 

Galicia Informativos
Más opciones