Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 28/12/21 28/12/2021 30:03

A Xunta non oculta a sua preocupación polo aumento de casos froito en boa parte pola variante ómicron. A consellaría considera que hoxe podemos pasar dos 4 mil positivos.
Hai uns minutos o conselleiro de sanidade iniciou a súa comparecenia para dar aconta dos acordos do comité clínico....
García comesaña considera que agora xa hai moitas dificultades para xestionr a atención primaria

- Novo récord de positivos e de persoas coa enfermidade.

Nas última 24 horas diagnosticáronse case 3.500 novos positivos. O número de enfermos xa pasa de 28 mil, duplicouse en dez días.


- O impacto desta sexta onda da COVID recae na Atención Primaria e a situación comeza a ser insostible.

Nos centros de saúde os sanitarios non dan abasto para atender as demandas derivadas dos centos de contaxios.

- O sindicato de maquinistas alerta de posibles problemas de seguridade no tramo de vía no que o tren circula polo vello trazado, entre Taboadela e Ourense.

O SEMAF pide que se rectifique porque o procedemento actual xera un risco e induce ó erro humano.

- O alcalde de Ourense comparece no xulgado.

Gonzalo Pérez Jácome prestou hoxe declaración na Audiencia de Ourense investigado por un presunto delito de malversación de fondos.

Galicia Informativos
Más opciones