Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 29/10/24 29/10/2024 44:09

Crónica de Galicia - 29/10/24

Coñecidas as propostas de cada grupo parlamentario pras comparecencias e plan de traballo da comisión de investigación sobre os contratos da Xunta, comezan as discrepancias entre eles. Nacionalistas e Socialistas non entenden que os populares non inclúan na súa listaxe a Alberto Núñez Feijóo, que foi presidente da Xunta durante os últimos 13 anos, e tivo a responsabilidade de moitos dos procesos cuestionados. Os populares, pola súa banda, non se cerran a que compareza, aínda que consideran que aportarán moito máis os conselleiros e responsables das áreas concernidas. E defenden que se chame a Salvador Illa por se-lo ministro de sanidade durante a etapa da pandemia

- Adega critica que a repotenciación dos parques eólicos abranga tamén ós que están en Rede Natura.

Considera que nestas instalacións o fin da vida útil das máquinas debería aproveitarse pra retiralas das zonas sensibles.

- A ría de Muros-Noia volve estar aberta ó marisqueo.

Os mariscadores puideron reanudar a actividade. Desde que abriu a campaña o pasado día 14 só trballaron catro días.

- O sector pesqueiro preocupado polos novos impedimentos médicos médicos pra embarcar.

Non están dacordo cun novo real decreto que inclúe o colesterol ou diabetes como limitantes.

- 30.000 persoas da área sanitaria de Vigo están sen médico de referencia asignado.

A principal causa é que non se cubren as xubilacións dos facultativos. Doentes de centros de saúde coma o de Navia din que non lles están dando cita pra xaneiro.

- O tempo. Tempo seco e solleiro... e con temperaturas por riba do propio destas datas

Galicia Informativos
Más opciones