O sergas pospón actividades non prioritarias, activa os plans de continxencia e restablece a recomendación de uso de máscaras nos centros sanitarios polo menos durante os vindeiros 15 días. Non é un regreso da pandemia da Covid, senón a suma de enfermidades respiratorias, especialmente a Gripe A, que están a provocar un grande incremento da presión asistencial. Agardan que o pico esté preto de alcanzarse. O BNG pide que o conselleiro compareza na deputación permanente. Cre que o colapso que están a vivir os servizos de urxencias non é un problema puntual, senón estrutural
- As reservas de sangue do tipo 0 negativo atópanse en niveis críticos.
Tamén están en niveis baixos o resto dos grupos. A axencia galega de doazóns de órganos e sangue fai un chamamento ós cidadáns pra que acudan a doar.
- Mañá reabre parcialmente o primeiro dos dous viaductos que colapsaron en Pedrafita.
Só se vai poder circular por un carril e cunha velocidade limitda a 50.
- Ana Pontón reta ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a un debate cara a cara.
A candidata nacionalista considera relevante que as dúas principais forzas políticas contrasten o modelo e o proxecto que teñen para Galicia.
- localizados 500 quilos de cocaína no porto de Vigo.
A droga atopábase oculta nunha bolsa de deporte no interior dun contedor. Os investigores estiman que o destono da droga era o porto de Amberes