Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 29/01/23 29/01/2023 30:04

Esta semana coñecíamos o anuncio da Xunta sobre a resolución de 120 expedientes de proxectos eólicos. Deles, lembramos, 77 saíron favorables e 43 desfavorables. Precisamente dos que obtiveron unha declaración de impacto ambiental favorable hai unha vintena que están en reservas da biosfera de forma parcial ou integramente. Algo que dende as plataformas ecoloxistas e veciñais califican de devastador pros nosos montes.
.
Neste eido, os veciños de Carral foron os primeiros en protestar, esta mañá, contra esta resolución.

E no tempo da entrevista, falaremos coa líder do partido nacionalista, Ana Pontón quen tamén por certo alude a estos proxectos eólicos entroutros temas.

Galicia Informativos
Más opciones