Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 29/03/22 29/03/2022 44:53

A CIG rexeita o pacto de rendas que propón o goberno. Nunha concentración na Coruña, o secretario xeral, Paulo Carril, sinalou que unha das claves para sair da crise pasa por manter o poder adquisitivo dos trballadores.


Acordo para a revalorización da carne Ternera Galega e Suprema. Nel participan unha vintena de organizacións que implica transparencia nos prezos que paguen os matadoiros e unha campaña de promoción desta carne.

Os productores de mexillón piden á Xunta que amplíe as zonas onde poden recoller mexilla. Din que está en perigo a produción do vindeiro ano e insisten en que a súa actividade non afecta á dos percebeiros.

A semana que vén o Partido Popular de Galicia abordará o relevo de Feijóo.
Para sustitui-lo, quen máis soa e o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda. Rueda agradéceo, pero asegura que de momento non se falou de nomes.

O tempo. Xa con temperaturas algo máis baixos, nótase máis na metade norte.

Galicia Informativos
Más opciones