A Xunta avanza no plan de redución e control de suxeicións nas residencias de maiores. Inicia a súa aplicación en dous centros e inclúe formación ao persoal e melloras nos centros.
A CIG demanda un convenio colectivo pras traballadoras do fogar.
A CIG considera que os avances logrados pra este colectivo son totalmente insuficientes e non se benefician nin da suba do salario mínimo.
Un incendio no concello de Baleira xa leva queimadas 100 hectáreas.
O lume, que se iniciou onte á tarde, afecta ás as parroquias de Cubilledo e San Martín.
O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, terá que ingresar no cárcere. O Supremo desestimou o recurso presentado polo seu avogado que pedía unha rebaixa de condena pra evita-la prisión.
O tempo. Día solleiro e con temperaturas altasm, pero contra a noite van volver as chuvias