Galicia Informativos
Crónica Galicia .- 29/0372021
29/03/2021
30:10
A preocupacion inicial dos traballadores de R tra-la Opa de Masmovil o grupo Euskaltel, ó que pertence, viuse atenuada tra-la conversa que o comité de empresa mantivo esta mañá coa dirección. Confían en que se cumpra os dous compromisos básicos: o mantemento do emprego e a sede social que o grupo ten na Coruña.
As accións de Euskaltel, grupo ó que pertence a galega "R" rexistraron hoxe subas por riba do 16 por cento despois do anuncio OPA presentada por MásMóvil. Este grupo aspira a facerse co 100 por cento da empresa por un montante de ao redor de 2.000 millóns de euros.