Novo gromo de coronavirus a bordo dun barco. Estanse a secuenciar as mostras dos 5 positivos dun cargueiro amarrado no porto de Vigo. Poderían ter a variante india. O partido socialista insiste á Xunta en que se vacine ós mariñeiros.
Galicia destruiu 21 mil postos de traballo entre xaneiro e marzo. A galega foi a comunidade con peores datos no primeiro trimestre. Os máis afectados, os traballadores temporais.
Reunión multilateral sobre a venda de Alcoa en Lugo, mentres os traballadores de Alu Ibérica, na Coruña, valoran que a Abogacía do Estado se persoe na causa que investiga a venda da fábrica.
A familia Franco ten un mes para a retirar os bens do pazo de Meirás. Un xulgado da Coruña require ó Estado para que permita o seu acceso ó inmoble.
A marea vermella fai de novo acto de aparicion nas rías galegas. Obriga a pechar o marisqueo a pé na ría de Pontevedra e case tódo-los polígonos de bateas
No tempo, destaca o descenso das temperaturas