Xa están en Santiago os 80 mozos procedentes de Mallorca. Todos os viaxeiros do voo que acaba de aterrar en Lavacolla están a pasar polo dispositivo pra se someter a PCRs.
A falta dos resulatdos deste e outros cribados, o macro-gromo ten 100 positivos en Galicia. Na área de Pontevedra, a taxa de positividade está en dous díxitos, fronte ó 2% habitual.
A estratexia de recuperación da crise non consegue a unanimidade. A comisión de reactivación vota o seu dictame final, con meses de retraso, co voto favorable do PP e apoios puntuais da oposición nalgún punto.
Acordo na deputación de Lugo pra pedi-la intervención da SEPI en Alcoa. Esta tarde, os traballadores reúnense coa ministra de industria.
Preocupación en Tráfico polos excesos de velocidade antes do inicio da primeira operación saída do verán, o próximo venres. Ao operativo habitual de axentes, radares e helicóptero súmase este ano un dron.
A Ciga protesta en Santiago contra a proposta da Xunta de suvencionar ás entidades bancarias para instalar caixeiros automáticos no rural. Ata 2 millóns 800 mil euros sairán das arcas públicas galegas pra banca privada.
No tempo de entrevista, falamos coa presidenta de West Galicia sobre o campamento de convivencia entre nenos con distintas capacidades que acaban de iniciar na Coruña.