Xa son sete os detidos en relación co crime que lle cuestou a vida a Samuel Luiz na Coruña. Esta mañá pasou a disposición xudicial o spetimo detido e estamos á espera das medidas que determine o xuiz que investiga o crime.
O último arresto, como coautor da brutal paliza, en palabras do delegado do goberno, é consecuencia da investigación policial que está na súa fase final.
A Xunta de persoal do hospital Vigo considera que a atención primaria e hospitalaria na área sanitaria está nunha situación crítica
Xustifican a manifestación prevista para para mañá pola tarde na cidade olívica, polas axendas interminables de pacientes, listas de agarda e colas á entrada dos centros de saúde.
Sete colexios de infantil e primaria da Coruña, Culleredo e Oleiros protestan hoxe pola falta de profesorado.
Denuncian que os recortes afectan especialmente ós alumnos con necesidades especiais.
A plataforma Stop Eólicos do Xurés-Celanova alerta do riscos dun parque eólico
Está previsto a dez quilómetros do Parque Natural do Xurés. Denuncian falta de información das autoridades á veciñanza sobre o risco pra fauna ou pro abastecemento de augas.