Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 29/10/21 29/10/2021 44:36

Non se fala doutra cousa en boa parte do norte da Coruña e de Lugo. A terra tremeu baixo os nosos pés. Fíxoo de mañanciña, cando moitos estaban aínda na cama, e os máis madrugadores comezábamo-lo día. Foi o de máis magnitude dende 1997, pero o epicentro estivo o bastante lonxe da costa pra que hoxe só haxa que lamentar algún que outro susto ou mal espertar... Non só no norte... O instituto xeográfico nacional asegura que chegou a sentirse tan ó sur coma na Pobra ou en Quiroga, e incluso nalgúns puntos de Asturias...

Galicia Informativos
Más opciones