Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 30/12/24 30/12/2024 30:09

Crónica de Galicia - 30/12/24

Dous anos e medio e 90 millóns de euros despois do derrumbe dun viaducto que puxo en dúbida a seguridade da autovía A6, a circulación volverá esta tarde á normalidade. O intenso tráfico que transita entre Galicia e a meseta deixará de facelo pola nacional e a localidade de Pedrafita. Estréase unha nova infraestructura mellor adaptada ás condicións do terreo e con sistemas de vixilancia pra previr futuros deterioros. Saudaba o presidente da Xunta esta actuación, e agarda que sirva como aprendizaxe pro futuro.

-- Os concellos de Mos e Vigo aproban mocións contrapostas sobre a autovía Vigo Porriño

BNG e PP rexeitan en Mos o proxecto polo seu impacto desmesurado, mentres os socialistas demandan dende Vigo o apoio do presidente da Xunta á iniciativa.

-- A Catedral de Santiago, acolleu esta mediodía o acto litúrxico que conmemora a Traslación dos restos Apóstolo a Compostela.

O aracebisco Francisco José Prieto na súa intervención sinalou que é inaceptable que se use ós migranates como arma política.

-- Xornada de folga e manifestación na empresa de atención de chamadas Atento na Coruña

Protestan polo despedimento de 20 persoas da compañía nas últimas semanas, que atribúen á intención da empresa de substituílos por subcontratas.

-- Familiares e amigos de Yoel Quispe, asasinado hai un ano na Coruña, concentráronse esta mañá ás portas dos Xulgados.

Fixérono aproveitando a presenza dos únicos tres acusados, que comparecían nunha rolda de recoñecemento.

-- No tempo, poucas nubes, agás na Coruña, e termómetros baixos

Galicia Informativos
Más opciones