Nova protesta dos internistas do hospital do Barbanza: só están cubertos 5 das novas prazas previstas. Como medida provisional, a xerencia ordenou trasladar a Santiago aos doentes que non poidan ser atendidos no hospital de Ribeira.
O PP do Salnés apoia as reivindicacións dos bateeiros fronte á consellaría do mar. Nun acto celebrado en Vilanova pediron a retirada do decreto que parcela os espazos pra extracción de mexilla e percebe.
Unha exposición en Santiago pretende chamar a atención sobre a falta dunha vivenda. Dende a Rede Galega contra a pobreza interpelan ás administracións públicas e os partidos políticos para que poñan este grave problema como prioridade na axenda pública.
O debuxante Miguel Anxo Prado deixa a dirección do Salón de Cómic pola falta de apoio institucional. Considera que o orzamento que o concello destina a este evento, conxelado desde hai anos, é insuficiente para seguir mantendo un certame diferenciado.
O tempo. Cambia o tempo.... primeiro vento e contra a noite chegarán as chuvias e van baixar as temperaturas.