A melloría dos datos da pandemia no país veciño permite a reapertura das fronteiras con Portugal esta medianoite, pero sóó pra aqueles con causa xustificda, porque o perímetro de Galicia segue pechado.
Primeiro gromo nunha residencia de ancián en un mes. Hai 8 afectados, entre usuarios e traballadores, en Chantada, pero non teñen síntomas.
A oposición acusa ó presidente da Xunta de botar balóns fóra ó propoñer un pacto de estado para reactivar a comarca de Ferrol.
Endesa ubicará nas Pontes o centro de loxística e mantemento dos seus parques eólicos en toda España.
Ata o 5 de xullo non haberá polbo galego nas lonxas, despois dunha campaña nefasta na que as capturas se reduciron máis dun 50%.
Reabre o túnel de Folgoso, na A-52, en dirección a Ourense. Levaba tres meses pechado pra realizar obras de reparación tra-lo incendio dun camión.
O tempo. Na fin de semana vai continuar certa inestabilidade