Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 30/05/22
30/05/2022
44:35
Unha muller de 43 anos loita pola súa vida no hospital da Coruña tra-lo que todo apunta que foi unha agresión machista. O seu home, que inicialmente se deu á fuga, foi detido na Coruña, e trasladado á comandancia da garda civil de Carballo, que trata de esclarece-los feitos.
Hai dous fillos, a salvo coa familia, pendentes da evolución de súa nai, xunto a toda unha vila, Carballo, e toda Galicia, conmocionados pola grave agresión, que lle provocou, entroutros danos, rotura craneal.