Productores galegos afectados pola limitación no movemento de gando en Castela e León. As vacas que se mercaron na última semana na comunidade veciña agora quedan inmobilizdas debido ao peche decretado polo ministerio de Agricultura.
Optimismo entre os traballadores Ganomagoga tras coñecerse que hai varias empresas interesadas na compra deste grupo. Os 200 traballadores están en ERTE dende mediados de maio pero ainda non cobraron a nómina de abril e parte da deste mes.
A consellaría de política social emitiu un requerimento a unha residencia de anciáns de Guntín por graves irregularidades. Comisións Obreiras denuncia graves faltas de persoal que levan unha deficiente atención dos usuarios.
O próximo curso en Galicia contará con 2 novas asiganturas optativas. Están realacionadas coa intelixencia artificial e impartiranse en cuarto da ESO e en primeiro de bachelerato.
O tempo. Continúa o risco de treboadas no interior.