Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 30/06/21 30/06/2021 49:48

Xa son 155 as persoas afectadas en Galicia polo macro-gromo con orixe en Mallorca. Máis da metade dos mozos que chegaon onte da illa deron positivo no cribado á súa chegada.

O Foro Económico de Galicia pronostica un crecemento sostido do consumo a partir do verán. Virá paliar o enorme baixón no consumo no primeiro trimestre, cando só resistiron ben as exportacións

Veciños e traballadores das Pontes sairán á rúa esta tarde en demanda de traballo. Reivindican unha transición xusta no día en que expiran as garantías de emprego que lles deu Endesa

No tempo de entrevista, falamos con "Galicia un futuro sin carbón", unha plataforma que celebra o fin da xeración nas Pontes, e alerta de que hai que contar tamén co fin da xeración con gas, para que non paguen, de novo, os traballadores

Avances no proceso de compra-venda da fábrica de Alcoa na Mariña de Lugo. Hai compradores interesados na fábrica de aluminio de San Cibrao, e haberá que ver cal é o máis idóneo e o que garanta o futuro da industria.

Sexta convocatoria da aceleradora de empresas da automoción, promovida por Stellantis, que xa permitíu crear 53 empresas nos últimos 5 anos que xa están facturando e exportando.

Longas ringleiras ante o Banco de España no último día pra cambiar as pesetas gardadas nos caixóns. 16 anos despois, segue habendo quen garda grandes cantidades, ata millóns de pesetas, como se puido ver estes días na oficina do banco de España da Coruña.

Galicia Informativos
Más opciones