Desde hoxe deixa de funcionar a tarxeta básica da Xunta para atender ós máis vulnerables. Agora a Xunta avoga por novas medidas que teñan unha maior continuidade e insisten na necesidade da creación de emprego.
A dirección do hospital de Santiago reuniuse con 6 internistas para reorganizar o servizo. O xefe desta área presentou a súa renuncia ante a falta de resposta do SERGAS á sobrecarga de traballo.
O ministerio de Transportes presentará esta tarde os desvíos de tráfico previstos para que os coches da A-6 non teñan que pasar por Pedrafita. En Monforte, a ponte de Piñeira está cortada ó tráfico pesado. Moveuse un dos piares e perdeu o contacto coa plataforma.
Mañá ponse en marcha a operación saída de tráfico de xullo. En Galicia prevese unha cifra récord de movementos: un 24 por cento máis mentres que na media do estado non pasará do dous por cento.
O tempo. nubes polo norte, pero vai gañando influencia o anticiclón.