Xa son tres as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan concesións de rutas á compañía Monbús ou a unións de empresas dominadas por ela no transporte escolar galego. Autos xudiciais que veñen da-la razón a outras empresas de transporte de viaxeiros, que denunciaran que esta compañía copara a meirande parte dos contratos, e o 80% do transporte de viaxeiros. O BNG cre que confirman o trato de favor e a connivencia da Xunta coa empresa de Raúl López que tamén eles denunciaron públicamente en numerosas ocasións. A conselleira Ethel Vázquez inssite en que se cumpriron os procedementos legais.
Nova destacada a pouco máis dunha hora do inicio da operación saída, que moverá máis de medio millón de vehículos polas nosas estradas
- A empresa A Ostreira do Grove asegura que Costas lles obriga a retirar as piscinas ubicadas en dominio público.
O Goberno négao. Aclara que o que non admitíu foi a proposta de ampliación das piscinas porque a empresa ten dispoñible unha parcela privada ó carón.
- Nova xornada de folga dos traballadores de Vitrasa.
Reclaman a actualización do seu convenio. Hoxe manifestáronse ata o Concello onde lle reprocharon ó alcalde as súas críticas.
- Unha xuiza de ourense chama a declarar ó arquitecto que fixo o proxecto da parte do instituto no que morreu un alumno.
Faino a instancias da acusación particular que pretende aclarar se a estructura construída se corresponde co proxecto.
- Preocupación no BNG polas consecuencias que o avance da dereita pode ter na defensa da memoria histórica.
Esta mañá, ante o monumento ós fusilados no campo da Rata, na Coruña, Ana Pontón, reivindicou políticas valentes