Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 30/07/21 30/07/2021 30:07

A conferencia de presidentes que se celebrta en Salamanca aborda o proceso de vacinación, o reparto dos fondos europeos ou o reto demográfico.
O presidente galego pediu que se permita aplicar doses de Jansen ós menores de 40 anos para compesar o descenso da vacinas. Pedro Sánchez anunciou que en agostos haberá máis doses de Pfizer polo que se poderá manter o ritmo de inmunización.

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia xa pasan de 300 e hai case 19 mil persoas coa enfermidade.

As residencias de maiores rexistran 21 positivos e aumentan a 24 os contaxiados en centros de atención a discapacitados tras detectarse 17 casos en Vigo.

- O Tribunal Superior de Galicia autoriza a limitación do dereito á reunión en toda a comunidade polo incremento de casos de coronavirus.

Os maxistrados consideran que son necesarias e proporcionadas porque os datos da pandemia revelan un preocupante aumento na transmisión da infección.


- A deputación permanente do parlamento acordou por unanimidade a comparecencia do consellerio de Sanidade na Cámara.

A petición realizouna o BNG ante os datos que está deixando en Galicia a quinta onda da covid. A comparecencia será o vindeiro martes.

- A Audiencia provincial de Pontevedra ordena a análise da corda, pelos e flores atopados ó carón do cadáver da moza Déborah Fernández.

En contra do criterio do xulgado de Tui, sinala que as novas tecnoloxías poderían atopar restos de ADN.

Galicia Informativos
Más opciones