O número de persoas que padecen covid19 en Galicia baixa ata o milleiro. Bos datos que levan á Xunta a anunciar que a semana que ven estudarán unha nova metodoloxía pra avalia-la incidencia. Centrarase en cómo aborda-los gromos, e servirá pra decidir sobre as restricións.
O BNG denuncia que a atención primaria está ó borde co colapso. Esta tarde está prevista unha manifestación en Vigo para demandar máis medios e persoal para a sanidade pública.
Os pediatras, que celebran congreso na Coruña, analizan o impacto da COVID nos nenos. Ainda que o virus non lles afecta de forma grave, os especialistas constatan un incremento dos problemas psiquiátricos, incluidas autolesions e tentativas de suicidio.
A denuncia dunha empregada do fogar de Vigo atopa o dictame favorable do avogado xeral do Tribunal de Xustiza europeo. Estima que excluir das prestacións por desemprego a este colectivo, na maioría mulleres, é contrario ó Dereito comunitario.
Queixas polas deficiencias na comunicación por estrada entre Ferrol e A Coruña. Esta tarde está prevista unha concentración ante a estación de autobuses ferrolá.
Xornada de mobilizacións laborais dos traballadores da banca.
En Ourense, o sindicato CIG denunciou que o vinte por cento das horas extraordinarias non se pagan nin se cotizan. En Vigo.... concentración contra o ERE do Banco de Sabadell.