Os sucesivos trens de borrascas de outubro e que mesmo trouxeron anegamentos, como lles contamos neste informativo onte, non abondan para dar por concluida a seca que se remonta ao inverno pasado. Así o aseguran desde Augas de Galicia que suliñan que para recuperar valores normais teñen que vir un outono e inverno chuviosos.
Nas Urxencias do Hospital de Santiago hai polémica despois de que o xoves pasado renunciaran o coordinador e as supervisoras acusando ao persoal do servizo. Éste responde que pretenden descargar neles responsabilidades que non son súas.
No tempo da entrevista o convidado é Fiscal Xeral do Estado.
Álvaro García Ortiz participou na macrocausa do afundimento do Prestige, do que se van cumprir 20 anos. Cre que ainda é posible cobrar da aseguradora do petroleiro os 1.000 millóns de dólares que adebeda