En Lugo, continúa en dependencias policiais o home detido como presunto autor da morte violenta de Cristina Cabo. Con seu arresto dase por resolto o caso. A policía sinala que o presunto autor do asasinato non tiña ningunha relación coa víctima a que coñeceu poucas horas antes.
En Madrid, hoxe declararon na Audiencia Nacional os mariñeiros MENDUIÑA, o pesqueiro que trasladou a terra os superviventes do Pitanxo. Confirmaron que patrón e o sobriño do Pitanxo cambiaron a versión sobre o sucedido e dixeron que o tempo a noite do accidente no era tan malo.
Os donos das estacións de servizo queren saber que vai pasar coa bonificación dos 20 céntimos. Verían máis viable solucións alternativas, como unha baixada do IVA, que facer unha discriminación por rendas.
Retrasar a idade de entrega do teléfono móbil podería evitar moitos problemas ós adolescentes, segundo un estudo presentado hoxe. A práctica totalidade dos adolescentes galegos, o 97 por cento, tén teléfono móbil, e un 98 por cento participa en redes sociais.
O tempo. As chuvias van ir diminuindo as temperaturas sen cambios.