En Galicia, cada día alcanzamos un novo máximo de positivos e persoas con COVID. Nunha semana duplicáronse as cifras. Tamén aumentan as hospitalizacións, pero, nas Ucis hai o mesmo número de persoas ingresadas que hai sete días.
De momento, non se ve o pico desta sexta onda... para intentar frea-la esta próxima medianoite entran en vigor as novas restriccións de horarios para os locais de lecer nocturno, bares e restaurantes
- Nova Concentración dos sanitarios do hospital da Coruña.
Reclaman á xerencia unha mellor xestión na cobertura de turnos e máis persoal. Asegura que as urxencias están nunha situción crítica.
- A ministra de Industria e o conselleiro de Economía intercambianse reproches pola situación de Alcoa.
Reyes Maroto pídelle á Xunta que se implique na busca de solucións e o conselleiro considera que o problema foi a falta de solucións ó custe da enerxía
- Non por unanimidade, pero os traballadores de Vestas aceptan o peche da factoría de compoñentes eólicos.
A dirección comprométese a manter 24 postos de traballo, pero o comité de empresa descoñece con que cometido.
- A titular do xulgado número dous de instrucción de Tui rexeita citar a declarar como investigado ao exnoivo de Deborah Fernandez.
A familia solicitara a medida por consideralo principal sospeitoso da súa morte