Acto de conmemoración da traslación do Apóstolo no que Alfonso Rueda se estreou como delegado rexio.
Esta cerimonia da traslación marca o comezo da fin deste priemiro Xacobeo que durou dous anos. Mañá péchase a Porta Santa.
O BNG alerta do importante deterioro dos servizos públicos, particularmente a sanidade,
Ana Pontón sinala que 2022 remata sen solucións por parte da Xunta á saturación de urxencias ou crise en atención primaria.
Un premio chama a outro.
É o que deben pensar os que se dirixiron á Fonsagrada para mercar a lotería de Reis. A administracion que repartiu o gordo vendeu todo o que tiña e tivo que pedir máis.
Últimas compras pra noitevella, aínda que é unha data con moitas ceas fóra.
Os produtos máis demandados son a centola, a 38 euros o quilo, a robaliza ou dourada. Pero hai algo menos de peixe polo temporal.
O tempo. o vento e o mar de fondo ten a maioría dos barcos amarrados e mañá aínda vai ir a peor. Pero as temperaturas altas.