Crónica de Galicia - 31/12/24
Despedimos hoxe o ano, hai quen xa o fixo este mediodía... Cada vez son máis as localidades que se unen a estas badaladas adiantadas, aínda que a cita de Vilagarcía é a máis antiga e tamén a máis multitudinaria. Mentres, outros preparan unha cea que este ano sairá máis barata, porque o tempo acompañou no mar e os productos máis desexados baixaron un pouco o seu prezo. Tamén os políticos galegos despiden o ano, con desexos pra mocidade os socialistas, e bromas televisivas os populares...
- O sector do transporte celebra a reapertura do viaduto do Castro na autovía A-6.
Queixanse de que ningunha administración os compensara polas perdas que lles supuxo dous anos e medio de desvios pola nacional.
- CGT denuncia que RENFE suprimíu 11 mil prazas de reforzo entre Vigo e A Coruña no último cuatrimestre.
Os trens pasaron de ter 560 prazas a 280. Considera incomprensible que oferte un menor número de prazas cando aumentou a demanda.
- Críticas en Ourense á decisión da Xunta de encargar a xestión do centro de atención a persoas con discapacidade a unha entidade privada.
Os outros tres centros provinciais teñen xestión pública. As familias afectadas estudarán medidas de protesta.
- En Vigo, un home de 31 anos foi detido pola policía tras unha persecución de 50 quilómetros.
O conductor, que non tiña carné, deu positivo en cocaína, cannabis e anfetaminas. O coche tiña a ITV caducada.
- O tempo. Despedimos 2024 con sol...