Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 31/01/22 31/01/2022 44:40

Comisións Obreiras sinala que non hai alternativa ó pacto sobre a reforma laboral. O secretario xeral de Comisións Obreiras, Unai Sordo, dixo hoxe en Santiago que o acordo derroga "de facto" a reforma impulsada polo PP en 2012.

Feijóo sinala que o primeiro ministro de Portugal debería ser un exemplo para España. Segundo o presidede da Xunta, Antonio Costa demostrou que non vale gobernar con calquera socio e que é mellor convocar eleccións que aprobar uns malos orzamentos.

Da pandemia... baixan os contaxios e os casos activos pero soben as hospitalizacións. Agora hai xa menos de 63 mil persoas coa enfermidade, pero 686 persoas están ingresadas, 28 máis que no anterior reconto.

VArios incendios que entraron desde portugal queimaron 250 hectáreas de monte esta fin de semana en Ourense. O lume xa está apagado. Desde o sábado están prohibidas as queimas ante o perigo que supoñen as tres emanas de tempo seco.


O tempo, hoxe con temperaturas máis baixas e aumenta a intensidade do vento.

Galicia Informativos
Más opciones