O PIB galego quedou o ano pasado por debaixo da española. O Foro Económico de Galicia alerta de que se agranda a fenda que nos separa do conxunto do Estado.
Baixa o consumo de productos elaborados do mar. Como consecuencia a patronal da conserva, que hoxe fixo balance da actividade en 2022, prevé tamén unha caída do emprego.
Arbitraria e caprichosa. Así cualifica o presidente andaluz, a designación da Coruña como sede da Axencia española de intelixencia arfificial. O popular Moreno Bonilla anuncia que o vindeiro martes aprobarán un acordo no que instarán ó goberno español a convocar un novo proceso.
A Garda Civil investiga a veciño de Lugo, de 78 anos, como suposto autor do incendio forestal de Baleira. Acúsao de imprudencia grave ó realizar unha queima sen autorización e eleva a 1.650 hectáreas a superficie afectada.
O tempo. Baixaron as temperaturas... chuvias non moi significativas e limitadas á vertente atlántica.