Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 31/05/21
31/05/2021
50:09
O presidente da Xunta asegurou en Vigo que nas próximas semanas non será imprescindible o uso de máscara en espazos abertos, aínda que non puxo data. Dixo que é unha decisión que lle compete ó goberno do Estado e que se analizará no Consello interterritorial de saúde.
O proceso de vacinación avanza e esta semana Sanidade acabará de poñer a primeira dose ó grupo de entre 50 e 59 anos. Xa a semana que vén empezará cos de 40.
Mentres segueselle poñendo a segunda dose as persoas que forman parte de colectivos esencias e que recibiran hai tres meses a primeira de AstraZéneca. O conselleiro de Sanidade confirmou que haberá vacinas para tódo-los que opten por esta marca.