En Ourense, a dirección provincial do PSdeG quere apartar a Manuel Baltar da presidencia da Deputación. Decidiu iniciar contactos con Democracia Ourensana e o BNG. Rafa Villarino, lider socialista na provincia, sinala que a dirección galega non se oporía.
No Parlamento, a portavoz do BNG insta a Rueda a actuar polos casos de corrupción que afectan o presidente da Deputación de Ourense. O presidente da Xunta evitou referirse ó xuizo pendente de Baltar e pediulle ó BNG que apoie ó candidato do PP á alcaldía de Ourense.
Chega ó Supremo a demanda das industrias lácteas contra Lei da Cadea Alimentaria. Os empresarios defende que os prezos os fixan a oferta e a demanda. A lei impide a venda a perdas.
Nove detidos en Pontevedra e Ourense pola súa implicación en delitos de roubo con violencia. Realizáronse ata seis rexistros, incluio un en Barcelona, nos que a policía tamén atopou droga.
O tempo... de novo risco de treboadas e temperaturas sen cambios.